lunes, 24 de enero de 2022

 Bos días familias,

Para comezar espero que estedes todos ben e que este días pasen o mellor posible. 

Xa que ides estar na casa propoñovos unhas ideas para traballar na casa e facer estes días un pouco máis entretidos (xa sabedes que é voluntario).

A nosa primeira rutina do día xa sabedes que é facer a asamblea. Esta semana cada un de vos seredes os encargados do día nas vosas casas.

O primeiro que podes facer é un debuxo teu e de seguido traballar co teu nome: compoñelo con letras móviles, repasalo con rotulador escrito nun papel ou pizarra...

Despois podes seguir cas rutinas que facemos no cole

-Tachando os días no calendario.

-Ver o tempo que fai e debuxalo

-Contar os días que faltan para volver o colexio. 

-Tamén podemos escoitar cancións como: "Días da semana", "Os números"....

 Ademais propoñovos unhas actividades relacionadas cos contidos que estamos a traballar no cole como son o número 2, a letra A e a cor azul. O final teredes un enlace con actividades impresas que podedes descargar de maneira voluntaria. 

Tamén podedes facer xogos como: 

-Atopar na casa obxetos que sexan de cor azul, xogar o "veo veo que ves"...

-Facer conxuntos de 2 elementos por exemplo torres con bloques ou pezas de construcción, repasar o trazo do número por exemplo compoñendo con botóns o número...

-Atopar en revistas, catálogos ou contos a letra A. Recoñecela en nomes da familia. Repasar o seu trazo nunha bandexa con pan raiado ou area. 

Esta semana ademáis conmemoramos "O dia da paz" deixovos un enlace dun conto co que podedes falar sobre valores tan importantes como o dialogo, a resolución de conflitos e unha canción.

https://www.youtube.com/watch?v=cGkIkYImoZ4&t=213s

CONTÁGIAME TU PAZ (Unai Quirós) - YouTube

Grazas pola vosa colaboración

Un saúdo 

Carmen


https://drive.google.com/drive/folders/1s1UcRgtR9vA2me5jJ9lXOv38t9myqDfQ